Vai rematar,
Vai rematar,
O campamento vai rematar,
Ides chorar!
Ides chorar!
Porque o campamento vai rematar.
O noso campamento vai chegando ao seu fin, despois de alegrías, tristezas, conflictos, caídas, berros, probas, e moito bo humor, é a hora de ir pensando en marchar, porque temos que marchar... Deixar atrás estas vacacións nas que aprendimos a convivir, das que disfrutamos dunha boa compañía e na que coñecimos a moita xente que xa podemos nomear coma amigos/as. Amigos/as que aínda que non os volvamos a ver perdurarán na memoria polos grandes momentos que vivimos xuntos no Campamento da Baña 2015.
Xa temos un mapa... ónde andará o tesouro...
Onte acompañounos un día de praia increíble, que non dubidamos en aproveitar, pola tarde fixemos unhas maxestuosas figuras de area.
Pola noite veu cear con nós o Concelleiro de Deportes da Baña Manuel Tourís, que comprobou a calidade da comida e entendeu porqué a maioría de nós estábamos gañando quilos.
Para rematar o día decidimos disfrutar dunha fermosa posta de sol na praia, e facer alí o noso Asalto ao Castelo, onde tiveron que recuperar o mapa do tesouro que a Pirata Malapata nos roubou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario