Videos Campamentiles!

lunes, 27 de julio de 2015

Todo ten un comezo e un fin...

Hoxe remata a nosa aventura! 12 días intensos chegan ao seu fin... é o momento de recoller as cousas, de emotivas despedidas e de ir pensando en voltar a casa.
Pais en nais, podedes estar tranquilos/as que sólo se perderon dous nenos/as e sería casualidade que fosen os vosos... Mañá esperamos voltar con todos/as ás 12:45 no Pavillón da Baña.


Onte o día castigounos con chuvia a primeira hora de mañá, polo que aproveitamos para decorar as nosas camisetas brancas e convertilas en verdadeiras obras de arte.


Pola tarde fixemos carteiras despois de comer, e logo xogamos nas pistas aproveitando a volta do bo tempo.

A cea foi un tanto peculiar, xa que se converteu nunha comida chea de tolemia e que rematou cun gran estruendo repleto de cancións e bailes.


O día rematou cun Escondite ao Revés, no que un/a neno/a se escondía e o resto debían encontralo e esconderse con él/ela.


Hoxe pola mañá remataremos uns cortometraxes, creados, dirixidos e protagonizados polos nenos e nenas. En canto estean listos subireinos ao youtube para que vexades o resultado final.



No hay comentarios:

Publicar un comentario