Videos Campamentiles!

lunes, 27 de julio de 2015

Todo ten un comezo e un fin...

Hoxe remata a nosa aventura! 12 días intensos chegan ao seu fin... é o momento de recoller as cousas, de emotivas despedidas e de ir pensando en voltar a casa.
Pais en nais, podedes estar tranquilos/as que sólo se perderon dous nenos/as e sería casualidade que fosen os vosos... Mañá esperamos voltar con todos/as ás 12:45 no Pavillón da Baña.


Onte o día castigounos con chuvia a primeira hora de mañá, polo que aproveitamos para decorar as nosas camisetas brancas e convertilas en verdadeiras obras de arte.


Pola tarde fixemos carteiras despois de comer, e logo xogamos nas pistas aproveitando a volta do bo tempo.

A cea foi un tanto peculiar, xa que se converteu nunha comida chea de tolemia e que rematou cun gran estruendo repleto de cancións e bailes.


O día rematou cun Escondite ao Revés, no que un/a neno/a se escondía e o resto debían encontralo e esconderse con él/ela.


Hoxe pola mañá remataremos uns cortometraxes, creados, dirixidos e protagonizados polos nenos e nenas. En canto estean listos subireinos ao youtube para que vexades o resultado final.



domingo, 26 de julio de 2015

Todo o bo remata

Vai rematar,
Vai rematar,
O campamento vai rematar,
Ides chorar!
Ides chorar!
Porque o campamento vai rematar.

O noso campamento vai chegando ao seu fin, despois de alegrías, tristezas, conflictos, caídas, berros, probas, e moito bo humor, é a hora de ir pensando en marchar, porque temos que marchar... Deixar atrás estas vacacións nas que aprendimos a convivir, das que disfrutamos dunha boa compañía e na que coñecimos a moita xente que xa podemos nomear coma amigos/as. Amigos/as que aínda que non os volvamos a ver perdurarán na memoria polos grandes momentos que vivimos xuntos no Campamento da Baña 2015.



Onte acompañounos un día de praia increíble, que non dubidamos en aproveitar, pola tarde fixemos unhas maxestuosas figuras de area.




Pola noite veu cear con nós o Concelleiro de Deportes da Baña Manuel Tourís, que comprobou a calidade da comida e entendeu porqué a maioría de nós estábamos gañando quilos.



Para rematar o día decidimos disfrutar dunha fermosa posta de sol na praia, e facer alí o noso Asalto ao Castelo, onde tiveron que recuperar o mapa do tesouro que a Pirata Malapata nos roubou. 


Xa temos un mapa... ónde andará o tesouro...


sábado, 25 de julio de 2015

Faltan 3 días... para a volta a casa!

Hoxe falaremos coa casa! Coma sempre de 15:00 a 16:00, e recordarvos que é posible que ata as 15:30 non estean todos os móviles repartidos. 
O bo tempo voltou, e con él hoxe visitamos a praia para xogar o volei e disfrutar do sol.

Onte pola tarde practicamos tiro con arco, outra actividade demandada pola maioría coa que quedaron encantados/as.






A noite tocounos o Furor, unha velada chea de cánticos, cancións e berros tan altos que nada tiñan que envidiar aos da Panorama.


 


NOTA: Hoxe subiremos os vídeos da xincana guarra.

viernes, 24 de julio de 2015

A nosa aventura vai chegando ao seu fin

Onte foi un día moi especial, no que visitamos Porto do Son, fixemos unha ximcana de ciudad pola mañá, xantamos de picnic e logo tivemos un tempo para mercar lambonadas... moitas lambonadas...



Hoxe despertamos cun día nubrado, pero eso non é un problema para disfrutar da mañá, xuntámonos co outro campamento e fixemos unha ximcana guarra onde ninguén se salvou de saír ben emporcado.




NOTA: Hoxe subiremos novos vídeos das probas de onte en Porto do Son.
https://www.youtube.com/channel/UCiBVPRXSGhzCIqwI7bi4jNA

miércoles, 22 de julio de 2015

Estamos na mitade!

Onte disfrutamos dunha das actividades estrela do campamento, piragüismo! Porque coma bos Piratas que somos debemos saber dominar os mares.


Ademáis, onte pola noite foi a Gran Velada das Actuacións, onde os nenos e nenas foron os únicos protagonistas.


Hoxe pola mañán foron actividades de habilidad e un captura a bandeira, e pola tarde disfrutamos dun gran día de praia.

Agora coma bos Piratas esperamos encontrar un mapa...


NOTA: Agregáronse novos vídeos da actividade de piragüismo.

martes, 21 de julio de 2015

Xa somos Piratas!

Onte pola tarde disfrutamos dun obradoiro de bocadillos grazas ao proxecto "Ponlle pilas ao teu bocata" da Xunta e descubrimos que coas conservas do mar fanse uns bocatas ben bo.


A noite tivemos a última proba do Capitán Jack Espárrago que decidiría se somos aptos ou non coma piratas, e como todas as tripulacións fixeron un gran traballo en equipo conseguimos ascender a Piratas!


A mañá de hoxe dedicámola a preparación da celebración desta noite, unha noite onde todos e todas serán os e as protagonistas da Velada das Actuacións.



lunes, 20 de julio de 2015

Xa van alá tres... días...

Bos días!

Tranquilos/as que por aquí estamos todos/as ben.

A mañán de onte tivemos unha actividade de orientación e un torneo deportivo por parellas. Pola tarde visitamos a praia e xogamos alí aproveitando a calor.



Á noite visitounos unha vez máis o Pirata Jack Espárrago e púxonos a proba a nosa estratexia en equipo coa "Abordaxe Loka".


Ademáis, onte foi un día especial, porque os/as nenos/as puideron chamar a casa. Recordade que a veces as cousas retrásanse por motivos que non están baixo o noso control, como pode ser os tempos da comida, polo que tede paciencia se os días de chamadas non vos collen xusto ás 15:00.

Os próximos días de chamadas serán o mércores 22 e o sábado 25 de 15:00 a 16:00. Si é necesario a causa de un retraso alargarase ese tempo para que todos/as os/as nenos/as teñan oportunidade de falar coa familia.



Hoxe veu visitarnos o alcalde do concello de A Baña acompañado por compañeiros da Xunta, polo que o máis probable e que o noso campamento saia na TVG no xornal da noite.