Videos Campamentiles!

lunes, 20 de julio de 2015

Xa van alá tres... días...

Bos días!

Tranquilos/as que por aquí estamos todos/as ben.

A mañán de onte tivemos unha actividade de orientación e un torneo deportivo por parellas. Pola tarde visitamos a praia e xogamos alí aproveitando a calor.



Á noite visitounos unha vez máis o Pirata Jack Espárrago e púxonos a proba a nosa estratexia en equipo coa "Abordaxe Loka".


Ademáis, onte foi un día especial, porque os/as nenos/as puideron chamar a casa. Recordade que a veces as cousas retrásanse por motivos que non están baixo o noso control, como pode ser os tempos da comida, polo que tede paciencia se os días de chamadas non vos collen xusto ás 15:00.

Os próximos días de chamadas serán o mércores 22 e o sábado 25 de 15:00 a 16:00. Si é necesario a causa de un retraso alargarase ese tempo para que todos/as os/as nenos/as teñan oportunidade de falar coa familia.



Hoxe veu visitarnos o alcalde do concello de A Baña acompañado por compañeiros da Xunta, polo que o máis probable e que o noso campamento saia na TVG no xornal da noite.


No hay comentarios:

Publicar un comentario