Videos Campamentiles!

martes, 21 de julio de 2015

Xa somos Piratas!

Onte pola tarde disfrutamos dun obradoiro de bocadillos grazas ao proxecto "Ponlle pilas ao teu bocata" da Xunta e descubrimos que coas conservas do mar fanse uns bocatas ben bo.


A noite tivemos a última proba do Capitán Jack Espárrago que decidiría se somos aptos ou non coma piratas, e como todas as tripulacións fixeron un gran traballo en equipo conseguimos ascender a Piratas!


A mañá de hoxe dedicámola a preparación da celebración desta noite, unha noite onde todos e todas serán os e as protagonistas da Velada das Actuacións.



No hay comentarios:

Publicar un comentario